Hemeroteca

‘Nacional VI’ de Pela del Álamo, na segunda edición do Galician Film Forum de Londres

Onte tamén se estrearon as curtas ‘AADAT’ de Noé Rodrigúez e Xisela Franco e ‘Pettring’ de Eloy D. Serén

    • 05 jun 2015 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. O Galician Film Forum (GFF) celebrou onte a segunda xornada de cine galego en Londres. O evento consistirá na proxección de tres documentais dirixidos por cineastas galegos: a longametraxe N VI de Pela del Álamo e as curtas AADAT, dirixida pola cineastas Xisela Franco (Vigo, 1978) e Noé Rodríguez, e Pettring de Eloy D. Serén (Simes, 1985). Despois dos filmes tivo lugar un coloquio no que contaron coa presenza do director Pela del Álamo. A segunda edición do GFF é unha colaboración con Iberodocs, o festival de documental iberoamericano que ten lugar entre o 14 e o 24 de maio en Edimburgo e Glasgow. O programa está composto por producións en portugués e castelán, ademais dunha lista de títulos galegos recollidos no bloque bautizado Focus on Galicia. Entre eles destacan os documentais presentados na segunda edición do GFF.

    Os tres documentais que conforman o programa do segundo GFF foron rodados por cineastas galegos fóra de Galicia, xa fora por interese ou circunstancias persoais. N VI percorre a vella estrada que unía Galicia con Madrid para descubrirnos as vidas e persoas que ficaron atrás. Pettring é o diario filmado por Serén durante a súa experiencia como emigrante en Suecia. AADAT é un retrato visual dun campo de refuxiados no Sahara.EDACCIÓN

    Tema marcado como favorito