Hemeroteca

Noia lembra a Avilés no 25º aniversario do seu pasamento

O Concello realizou a súa tradicional homenaxe floral ante a tumba do escritor no camposanto de Boa // No acto, presidido polo alcalde, participaron tódolos grupos políticos municipais, así como a viúva e fillos do poeta

  • 22 mar 2017 / 20:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cada 22 de marzo, Noia ten unha cita ineludible no cemiterio de Boa, ao tratarse do aniversario do falecemento dun dos seus fillos predilectos, o escritor Antón Avilés de Taramancos. Este ano non foi unha excepción, e representantes do Concello e familiares encabezaron a comitiva que se dirixiu á tumba do camposanto onde descansan os restos do poeta noiés para realizar a súa tradicional homenaxe floral ao creador de Obra viva ou Cantos caucanos no 25 aniversario do seu pasamento.
Ao acto, ademais dun grupo de veciños, tamén acudiron o alcalde de Noia, Santiago Freire; o concelleiro de Cultura, José Pérez, e os representantes do PSdeG, Miguel Paz; A Marea, Manolo Seijas, e BNG, Irati García. Por parte da familia, estaban a viúva, Sofía Baquero, e dous dos seus tres fillos, Luis e Santiago, xa que Guillermo non puido asistir ao residir fóra por motivos de traballo. Tamén estivo o irmán de Avilés, Alfonso, acompañado da súa muller, que residen na casa natal do escritor en Taramancos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito