Hemeroteca

Noia presenta a obra ‘Falando Claro’ sobre a vida do anarquista Sendón

O museo do traxe de Ordes recibirá a Eli Ríos co libro de poesía ‘Anamnese’

    • 18 dic 2014 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. O centro social Harar, (rúa Luis Cadarso 53) no Concello de Noia, acolle hoxe a presentación do libro Falando Claro, que foi feito polo escritor, músico e tradutor Pepe Sendón. Nesta obra o autor fala da figura do anarquista de Louro (Muros) Claro José Sendón Lamela, unha das figuras políticas máis destacadas do anarquismo galego. O acto arrancará ás 20.00 horas.

    Este libro está publicado por Alvarellos Editora e trátase dunha obra de divulgación histórica na que se reconstrúe a vida do político e que tamén supón a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro Sendón. Ademais inclúe unha serie de fotografías inéditas do protagonista.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito