Hemeroteca

Obras de mantemento na igrexa de San Frutuoso por máis de 117.000 euros

  • 08 nov 2019 / 22:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CONSORCIO No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo interadministrativo acaba de sacar a concurso as obras de mantemento da igrexa de San Frutuoso, por un importe global de 117.524 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período de catro meses. O responsable deste proxecto é o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago Pablo Tomé. Explica que "a igrexa mantense, en xeral, en bo estado excepto nalgunhas partes nas que cómpre intervir". No caso do tellado, hai moitas tellas rotas, en particular no ciborio, co conseguinte perigo de desprendemento. Ademais, a cuberta de chumbo, tras a fachada principal, encóntrase en moi mal estado, o que provoca a entrada da auga da chuvia na fábrica e no interior da igrexa. O marco exterior da ventá da fachada principal amosa unha importante greta na xamba norte, de xeito que se procederá á súa restauración. Ademais, as reixas das ventás das fachadas norte e sur están oxidadas.

Tema marcado como favorito