Hemeroteca

A oposición do Son denuncia problemas á hora de cursar a educación secundaria

    • 19 ago 2014 / 19:58
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    PORTO DO SON Os edís do BNG e non adscritos de Porto do Son fan pública a súa indignación ante os problemas que conleva cursar a ESO no municipio. “No pasado mes de xullo o alumnado de adultos tivo que saír a rúa e recoller sinaturas para que este servizo non desaparecese”, explican. Pero a sorpresa vén dada por varias cuestións. Por unha banda “foi descubrir, como nos informa a docente Begoña Lesende, que seguen sen cobrar dende xaneiro” e pola outra que “o Concello está a derivar á Noia á xente que se quere apuntar”, denuncian. Pero isto non é todo porque “se negan este servizo, cómo é posible que esixan ter a ESO para ser parte da brigada contra incendios?”, pregúntanse. Segundo explican, parte do alumnado co graduado presentouse pero “foron excluídos por non ter o título cando eles non o poden pedir xa que é competencia do IES. Só teñen un certificado”.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito