Hemeroteca

Outes acolle o terceiro Encontro de Poetas en Idioma Galego

Corre a cargo do grupo teatral Valle-Innova no 150 aniversario do escritor

    • 09 jul 2016 / 21:32
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Outes. A localidade de Outes acolle hoxe o 3º Encontro de Poetas en Idioma Galego. As actividades comenzan ás 11.00 horas co recibimento dos poetas e público na carballeira de detrás da casa da cultura. Media hora despois farase o roteiro Francisco Añón, dunha hora aproximadamente, visitando a casa e lugares relacionados co poeta e coa súa obra. O escritor e filólogo Ramón Blanco fará de guía. Sobre as 12.30 horas está previsto facer unha ofrenda floral na estatua de Francisco Añón seguida dunha foliada na carballeira a cargo do grupo de gaitas do Concello de Outes. Despois haberá un xantar popular ao aire libre, pero cada quen terá que levar a súa comida. Pola tarde, dedicarase ás intervencións e ao macrorrecital poético seguida de actuacións musicais. Este ano as entidades organizadoras e colaboradoras deste encontro de poetas son Terra de Outes, A Lanzadeira de Alcor e o Concello de Outes.

    As actividades serán abertas ao público en xeral, totalmente libres e gratuítas.

    Xoán Xosé Mariño

    presidente de terras de outes

    "Cada poeta disporá dun máximo de seis minutos para ler 2 ou 3 poemas"

    Tema marcado como favorito