Hemeroteca

‘Para dar trela’, unha ampla obra de fraseoloxía e paremioloxía galegas

O manual está orientado a conseguir unha aprendizaxe autónoma e activa

    • 11 oct 2016 / 20:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou onte no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades o novo manual práctico de fraseoloxía galega Para dar trela, de M. Carmen Losada, Alba Cid e Xurxo ­Fernández.


    García Gómez reivindicou o ensino, divulgación e transmisión da fraseoloxía galega, pois esta “afecta a ese espazo do idioma que é máis característico, que marca dunha maneira especial a diferenza con outras linguas e que o liga particularmente á cultura da que xorde e que vehicula” ata o punto de que “a calidade da lingua que falamos depende moito do dominio que mostremos da súa fraseoloxía”.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito