Hemeroteca

Pilar Bermejo destaca o papel dos elementos traza

A decana da Facultade de Química falou sobre a 'Importancia dos metais nas Ciencias da Vida' no seu discurso de ingreso na RAGC

  • 09 may 2018 / 21:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A catedrática de Química e decana da Facultade de Química da USC, Pilar Bermejo Barrera, analizou onte a Importancia dos metais nas Ciencias da Vida: Especiación de Elementos Traza e Metalómica no seu ingreso na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

A nova académica, que se integra na Sección de Química e Xeoloxía da institución, explicou a importancia destes elementos e as novas disciplinas que os tratan para ámbitos como a nutrición e a saúde, na abordaxe de doenzas de elevada prevalencia como as neurodexenerativas.

Logo de pronunciar o seu discurso, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma foille entregado polo reitor en funcións da USC, Juan Viaño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito