Hemeroteca

Plataforma cidadá para esixir un novo ambulatorio en Noia

Cren que a remodelación do actual non pode ser unha opción e demandan máis servizos

  • 01 ene 2020 / 22:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A reivindicación dun novo centro de saúde en Noia é un tema prioritario no que se está a traballar, tanto dende o Concello como dende a Xunta, pois é unha necesidade urxente para ambos mellorar o servizo ás persoas usuarias e as condicións dos profesionais que alí traballan. Con todo, dado que moitos veciños consideran que a súa construción se está a demorar no tempo, tratarán de exercer presión a través dunha plataforma cidadá que foi creada recentemente.

O ambulatorio existente "trátase dun centro obsoleto", e esas deficiencias son a principal motivación polo que impulsan este colectivo, segundo sinalan a través dun comunicado.

Entre os principais problemas destacan a falta de cuberta na zona das ambulancias; un Punto de Asistencia Continuada (PAC) sen saídas de emerxencia; consultas compartidas por áreas claramente diferenciadas; un insuficiente ximnasio para os labores de fisioterapia; ou a ausencia de conexión interior para a sala de radiografías. Un longo etcétera de "carencias inabarcables", polo que, afirman, "non pode ser unha opción" á remodelación do actual.

Respecto ao novo edificio, dende o colectivo cren que debe aunar "os diferentes servizos necesarios para o futuro da nosa saúde e conseguir que estes poidan funcionar dun xeito integrado", no que se teñan en conta "os cambios sanitarios que terán lugar con seguridade nun futuro próximo", así como que "a construción das infraestruturas se adapte aos servizos que se van a prestar nelas e non ao contrario", apuntan dende a plataforma.

Tema marcado como favorito