Hemeroteca

A Pobra activará un plan de compostaxe doméstica con 50 vivendas do Maño

    • 08 nov 2019 / 22:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A POBRA O Concello da Pobra acaba de recibir dúas importantes subvencións do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Unha, para seguir mellorando a recollida de aceite usado, con máis campañas de sensibilización e que permitirá tamén a colocación de dous contedores máis. Esta mesma axuda xa lle foi concedida o ano pasado. A outra, moi ansiada polo executivo local, vaise destinar a poñer en marcha o programa de compostaxe no municipio. A Goberno que preside Lois Piñeiro xa intentou desenvolver fai tempo este plan, pero tivo que agardar pola financiación necesaria. Agora, vaise activar un proxecto piloto que terá dúas partes: por unha banda, a compostaxe doméstica en vivendas unifamiliares e, por outra, a comunitaria. A primeira levarase a cabo con 50 vivendas da zona do Maño, aínda sen seleccionar. A segunda constará de dous composteiros comunitarios que se situarán no Castelo e no Caramiñal, e outro no CEP Pilar Maestú. Os técnicos municipais farán un seguimento para ver como funcionan e comprobarán a implicación da cidadanía, que é fundamental para que a iniciativa sexa un éxito.

    Tema marcado como favorito