Hemeroteca

Premios do IX Concurso Incubadora de Sondaxes

  • 18 jun 2019 / 22:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou onte na entrega dos premios do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, un certame que ten como obxectivo fomentar o interese dos estudantes pola Estatística e a Investigación de Operacións. A responsable da área educativa do Executivo galego quixo salientar a paridade na composición dos grupos finalistas, "unha paridade que me fai sentir un gran orgullo", asegurou.

O gañador na categoría do alumnado de 1º e 2º de ESO foi o traballo Coches vs. CO2, do IES Agra do Orzán (A Coruña), mentres que na categoría de 3º e 4º da ESO fíxose co premio o traballo Perfilando o risco, do IES de Cacheiras (Teo) e o IES Nº1 de Ribeira.

Tema marcado como favorito