Hemeroteca

Presentan 17 ofertas para a estrada Ordes-Carballo

  • 27 abr 2019 / 22:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ORDES Foron un total de 17 as empresas que se presentaron para executar as obras de mellora do firme na estrada Ordes-Carballo (AC-413) ao seu paso polos concellos ordense, o de Cerceda e Tordoia, cun investimento de case un millón de euros. Os traballos proxectados levaranse a cabo no tramo da estrada comprendido entre o punto quilométrico 3 e o 16+200, que coincide coa intersección coa AC-400, á

altura do núcleo da Silva, no municipio de Cerceda. As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada. Ademais tamén se van repintar as marcas viarias, disporanse captafaros, renovaranse os sinais e realizarase unha cuneta de seguridade.

Tema marcado como favorito