Hemeroteca

Presentan unha caseta para cans que temen aos foguetes

O prototipo de Ford integra tecnoloxía de cancelación de ruído activa para que os cadelos non escoiten os foguetes durante as festas

  • 18 dic 2018 / 13:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un dos elementos que contribúe ás viaxes confortables no automóbil e a redución do ruído causado polo motor, o rozamento do asfalto e mesmo o vento, e para demostrar esta tecnoloxía dun xeito orixinal dende Ford decidiron aplicar as técnicas que empregan en vehículos como o Ford Edge para crear unha caseta para o can con cancelación de ruído, buscando así que no seu interior as mascotas non escoiten o ruído causante polos foguetes nas festas (que provocan medo a aproximadamente ao 45% dos cadelos).
Esta orixinal caseta para cans conta con illamento acústico, e integra un sistema de son que detecta os foguetes e emite as frecuencias sonoras opostas para reducir significativamente o seu ruído, contribuíndo así a que un can poida estar tranquilo no interior.
Este produto é polo momento un prototipo, dentro dunha serie de iniciativas de Ford na que están a aplicar tecnoloxías da automoción para resolver problemas cotiáns.

Tema marcado como favorito