Programa en O Son para a inclusión social de nenos
Esta iniciativa está dirixida a menores do programa de Servizos Sociais do Concello
Porto do Son. O Concello de Porto do Son pon en marcha esta semana unha actividade englobada nos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo, segundo informaron onte fontes municipais.
Esta iniciativa levarase a cabo cunha nova línea de convocatoria da Consellería de Política Social confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo.
As actividades están dirixidas aos nen@s que son usuarios do programa de Servizos Sociais de Educación Familiar do municipio. Con esta iniciativa o Concello dalle continuidade ao apoio socioeducativo que vén prestando a ditos cativos, ademais de técnicas de estudo e varias sesións grupais de orientación aos pais, segundo apuntaron as mesmas fontes municipais.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt