Hemeroteca

O proxecto musical "Bumba", en Santiago

    • 10 may 2006 / 01:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A Galería Sargadelos de Santiago acolleu onte a presentación de Bumba, un proxecto musical no que Galiza e Mozambique se dan a man. Bumba xorde do encontro entre NARF, o músico galego Fran Pérez, e Timbila Muzimba, unha banda mozambicana que emprega o toque do batuque e a harmonía das orquestras de timbilas (xilófonos con láminas de madeira típicos do pobo Xopi) do sur de Mozambique.

    Hoxe mesmo haberá oportunidade de ver a Bumba en directo. Serán nun concerto, ás 21 horas, no Auditorio da Universidade, no marco da VII edición do Ciclo Tribos Ibéricas.

    Tema marcado como favorito