Hemeroteca

Pulo dende Vietnam á Vía Mariana luso-galaica ao seu paso por Barcala

Anne Chantal, unha peregrina en cadeira de rodas, axudou a revisar a sinalización

  • 22 mar 2019 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Á Vía Mariana luso galaica, percorrido relixioso e sociocultural entre Braga e Muxía impulsado por Luis do Freixo e José de la Riera, conta cunha nova valedora no seu devir polos concellos da Baña e Negreira. Trátase de Anne Chantal, unha peregrina vietnamita con discapacidade, residente en Alemaña e apaixoada destas rutas.

Así, nestes días estivo Luis do Freixo e a sua dona Cristina, mais César Ramos, concelleiro de CxG na Baña, pola zona colocando distintivos e sinalización dese camiño sacro. Pasaron por Pontemaceira, Ceilán, Seoane (aproveitando para comer en Casa Salvador), Ordoeste (onde visitaron a igrexa de Santa María) e a ponte de Brandomil.

Pola súa banda, Anne Chantal, que se despraza en cadeira de rodas, está moi interesada nos roteiros xacobeos, e está última semana coñeceu varios puntos de interese da Vía Mariana. Luis do Freixo e César Ramos supervisaron deste xeito os lugares da Baña por onde pasa a ruta para inaugurar a colocación da sinalización informativa simbólicamente. Pintaron as tradicionais frechas en azul e amarelo e colocaron adhesivos co mesmo logo identificativo deste novo itinerario.

Tema marcado como favorito