Hemeroteca
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Rafael Louzán: “O obxectivo do PP de Pontevedra é acadar 50 alcaldes en maio de 2011”

“Onde non hai goberno estamos analizando cales deben ser os candidatos” ·· “O proxecto Regreso á Casa busca que volvan independentes que estiveron con nós” ·· “Estou a gusto como presidente da Deputación e do PP provincial”

  • 25 sep 2009 / 22:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Rafael Louzán (Ribadumia, 1967), funcionario municipal con vocación empresarial e sempre inquieto, conta con escano na Deputación de Pontevedra dende 1995. Líder do PP na provincia dende 2000 e presidente da institución dende 2003, ten no seu ánimo renovar ambas responsabilidades: antes de fin de ano no congreso popular e despois en 2011 tras as municipais.
- Na apertura do curso político en Soutomaior fixou como reto prioritario abordar xa a elaboración das candidaturas para as eleccións municipais. Eso chámase traballar con planificación. ¿Cando deben estar?
- O groso debe estar cerrado, se pode ser, no primeiro semestre de 2010 para os comicios de maio de 2011. É máis, algunhas candidaturas están case cerradas.
- ¿Cales son os criterios xerais?
- Naqueles concellos onde o PP ten unha maioría folgada hai que consolidala. Estamos traballando nisto. Onde non hai goberno estamos analizando cales deben ser os candidatos e se debemos mantelos ou non. Estamos facendo seguimento municipio a municipio e vendo distintos candidatos que poidan liderar estes concellos.
- ¿Haberá moita renovación?
- No PP de Pontevedra gusta moito a palabra renovación. Nas municipais de 2003 e 2007 houbo unha renovación dos cabezas de lista de case o 50%. Nesta ocasión vai ser igual de ampla. Nas últimas autonómicas, 5 dos 10 candidatos en postos de saída por Pontevedra foron renovados. Eso fala ben as claras.
- Creo que ten en marcha un plan de ampliación da base electoral.
- Temos un proxecto que se chama Regreso á Casa. Consiste en poñer en valor que este é un partido aberto, no que debemos estar todos aqueles que pensamos que é a mellor localización política posible para facer algo por esta sociedade e este país. Hai persoas independentes que militaron no partido noutras etapas e que é preciso fomentar o seu regreso, esa volta á casa.
- ¿Cales son eses grupos?
- Non imos entrar en detalles, pero un caso, por exemplo, é o da Estrada, onde se acaban de incorporar dous concelleiros que teñen practicamente 2.000 votos. Ese é o modelo que estamos facendo e queremos seguir facendo sen espaventos, sen ruído, de maneira silenciosa, porque é a mellor forma de encaralo. Non hai que esquecer que implica
unhas doses importantes de xenerosidade tanto polos que están como polos que volven.
- Agora teñen 37 alcaldías, dos 62 municipios da provincia. ¿Cal é o reto que se fixan para maio de 2011?
- Nas eleccións anteriores a 2007 tivemos 45 alcaldías. O noso obxectivo está en torno ás 50.
- ¿Por que?
- Porque neste momento hai en Pontevedra 50 municipios onde o PP é o partido máis votado. Por eso, reivindico desde aquí unha reforma da lei electoral. Os partidos que gañen, que gobernen; e os que perden, teñen que estar na oposición. Aprema unha refoma da lei electoral de verdade. Ó mesmo tempo, tamén é certo que tamén urxe mellorar o pacto antitransfuguismo. Pode, perfectamente, ir todo no mesmo paquete. Incorporemos o pacto antitransfuguismo aí, porque agora o pacto antitransfuguismo non é nada establecido por lei, é un acordo entre partes. Eu creo que ese pacto necesita claramente unha reformulación.

"CABALLERO TEN FANTASÍAS E LORES ESTÁ ACABADO"

“Corina e Telmo están avalados”

- ¿Será candidata Corina Porro?
- A mellor etapa de Vigo foi a que coincidiu co labor feito na corporación por Corina Porro. Se hoxe hai eleccións, con Corina como candidata temos a maioría absoluta.
- ¿Non detecta un freo en Pontevedra á candidatura de Telmo Marín polo labor da Xunta que din debilita a capitalidade?
- Os casos de Corina e Telmo están avalados pola xestión que fixeron cando gobernaron. Corina deixou unha imaxe extraordinaria entre os vigueses. Telmo logrou convertir a Sanxenxo na capital turística de Galicia. É o que quere facer en Pontevedra. Ademais, o goberno de Pontevedra está acabado e esgotado.
- ¿E o goberno de Vigo?
- Ten as fantasías do alcalde, Abel Caballero, que se representa unicamente a si mesmo. O único que fixo foi, con cargo o Plan E, poñer en marcha un cambio de baldosas e, practicamente, nada máis.
- Vostede retivo a Deputación nas últimas municipais por pouco máis de cen votos ¿Segue en perigo?
- O PP na provincia pontevedresa está nun momento bo. Imos aumentar a nosa maioría absoluta claramente. Estamos en condicións de ampliala.
- ¿O seu cargo non periga?
- Non é o meu cargo. É o goberno da Deputación de Pontevedra para o PP.
- ¿Volverá ser candidato?
- Aínda é prematuro. Son os órganos do PP os que teñen que decidir.
- Pero, ¿mostra vocación?
- Eu levo seis anos e rematarei a lexislatura con oito. Deixo a decisión na man do partido.
- ¿Gustaríalle repetir?
- Eu estou a gusto. O importante é que estean a gusto os cidadáns e os alcaldes. Que sintan que esta é unha institución útil que ante unha situación de crise económica está preto.
- ¿E como presidente do PP no congreso de antes de fin de ano?
- Espero que si

Tema marcado como favorito