Raquel Arias Rodríguez
DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO
Alcaldesa de Sober polo Partido Popular desde 1999 ata 2009, foi deputada provincial entre 1999 e 2003 e entre 2007 e 2008.
Vogal do Comité Executivo do PP de Galicia, vicesecretaria do PP de Lugo, presidenta local do PP de Sober. Coordinadora autonómica en Igualdade e, de 2008 a 2009, deputada nacional por Lugo no Congreso dos Deputados.
Naceu en Proendos-Sober en 1966. Cursou estudos de xornalismo na Universidade Complutense de Madrid, onde escribiu en diversas revistas do mundo dos seguros e impartiu clases de comunicación.
En Galicia traballou durante tres anos como redactora de informativos na Radio Galega en Santiago e, con anterioridade, en Radiocadena Española e Radio Nacional de España.
Na prensa escrita colaborou cos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e tamén foi corresponsal de El Mundo-Galicia para a provincia de Ourense desde a súa creación ata maio de 1996. Desde entón e ata 1999 foi responsable do Gabinete de Prensa do concello de Monforte de Lemos.