Hemeroteca

Rematadas as actuacións na praia noiesa do Testal

  • 10 jul 2019 / 22:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O alcalde de Noia, Santiago Freire, e o xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, visitaron onte a contorna da praia do Testal, onde veñen de rematar as obras de reordenación ambiental do litoral noiés. Un proxecto encargado a Tragas pola Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mare que supuxo un investimento de 375.039,21 € nos últimos seis meses. As actuacións executadas inclúen a instalación dunha pasarela peonil de 770 metros entre a praia do Testal e a lonxa e 1.700 metros cadrados de sendas en zahorra. O rexedor noiés destacou que se trata dunha inversión “para mellorar a contorna paisaxística e promover o uso dun espazo que antes era un antigo vertedoiro e que se vai acondicionando e rexenerando”.

Tema marcado como favorito