Hemeroteca

Renovan o parque de García Bayón

  • 25 sep 2019 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Ribeira iniciou onte os traballos para a renovación do parque de xogos da praza de García Bayón, unha actuación complementaria á reordenación do Paseo do Malecón. Vaise colocar un pavimento de caucho continuo por toda a área recreativa. O recinto estará pechado un mes, e o novo terá capacidade para 140 usuarios de entre 0 e 14 anos, e iluminación led e xogos inclusivos.

Tema marcado como favorito