Hemeroteca
Responsabilizan á ANPA e ó claustro da ausencia de brioneses na exhibición
Lembran que non se informou aos pais do colexio de Pedrouzos, pero sí ao seu consello
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
O Concello de Brión púxose en contacto coa dirección do colexio de Pedrouzos para confirmar a negativa a que os alumnos acudiran á exhibición solidaria da Benemérita, afirmando que tratouse "dunha decisión tomada polo claustro e pola ANPA, non polo consello escolar, organismo que foi informado da negativa a participar no evento pero que en ningún momento votou, nin a favor nin en contra, da iniciativa". Do mesmo xeito, aporta que a decisión "tampouco se trasladou aos pais e nais", e que diante desta negativa do CEIP, xa non se tramitou a petición de permiso de utilización das instalacións á Consellería de Educación, xestionándose un lugar alternativo para aterrar o helicóptero.
Tema marcado como favorito