Hemeroteca

A riqueza literaria da súa cidade natal, en ‘Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo’

O volume, obra do investigador e crítico literario Armando Requeixo, foi presentado onte no Centro Ramón Piñeiro

    • 27 nov 2017 / 20:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O investigador e críctio literario Armando Piñeiro presentou onte o seu libro Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo. Guía literaria, editado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Mondoñedo, nun acto celebrouse no Pazo de San Roque, sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), no que participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

    Na presentación desta guía literaria, na que además do autor tamén estiveron presente a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o responsable gráfico da obra, Abel Vigo, Valentín García loou a “exquisita combinación de erudición e amenidade expositiva que atopamos neste traballo, que nos convida a pasear e deixarnos atrapar polos encantos de todo tipo que Mondoñedo lle pode ofrecer ao turista, ao paseante, ao curioso e, sobre todo, ao amante da literatura en lingua galega”.

    O volume presentado onte na capital galega, coeditado polo concello mindoniense e a Xunta, é unha guía posible para ruar polo Mondoñedo cunqueiriano, á par ca un convite a gozar doutros atractivos artísticos, gastronómicos e culturais da poboación.

    Nas súas páxinas, o lector pode descubrir a riqueza literaria de puntos da cidade a través da información referida á vida e á obra do autor de Merlín e familia, así como a outros creadores relacionados con el.

    Armando Requeixo (Mondoñedo, 1971), actual secretario do CRPIH, é crítico literario, investigador e tradutor, labores polos que recibiu diferentes distincións, como o premio Xerais á Cooperación Editorial (2004), o Literario Ánxel Fole (2010) ou o Xornalístico Manuel Reimóndez Portela (2017).

    Tema marcado como favorito