Hemeroteca

A ruta de peregrinación máis poética e literaria

Cada día máis camiñantes percorren a vía rosaliana para coñocer as pegadas da poetisa de Santiago a Padrón // Abuín de Tembra decía "identificarse con Rosalía e identificarse con Galicia"

  • 30 mar 2020 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cada día son máis os camiñantes que percorren a Ruta Rosaliana, unha vía de peregrinaxe poético e literario que amosa as pegadas que deixou Rosalía de Castro desde o seu lugar de nacemento, Santiago, ata Padrón, "A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (...). Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalia, que é como identificarse con Galicia", decía o creador do itinerario: Avelino Abuín de Tembra.

Máis recentemente chegaría As pegadas de Rosalía" que é unha renovación documentada e actualizada por Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro) da ruta deseñada por Abuín de Tembra en 1980. Esta proposta transcorre polos concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago á beira do Sar. Un río que para Rosalía foi literario, pero tamén o río da súa vida.

O itinerario da Ruta Rosaliana proposto por Avelino Abuín de Tembra ten como punto de inicio e de fin Santiago de Compostela, cidade na que naceu Rosalía o 24 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo (hoxe Avenida de Rosalía de Castro) desaparecida na actualidade. Por detrás desa casa estendíanse os campos de San Xosé, de Ramírez e de Cornes. Hoxe nesta Praza de Vigo pódese ver un monumento a Rosalía posto en 1982

A seu paso por Ames a ruta parte da casa na que naceu o pai da poetisa, José Martínez Viojo, sacerdote da Colexiata de Iria, e na que se cre que ela puido pasar parte da súa nenez, A casa situase na contorna do Castro de Ortoño. Entre os lugares que descubrir está o conxunto parroquial de San Xoán de Ortoño, e a ruta Polas Ribeiras do Sar.

Xa en Brión empezase pola igrexa de San Xulián de Bastavale, templo románico que rematouse en 1772 sobre un outro anterior. A torre do campanario levantada posteriormente, no ano 1782, posúe unhas das campás máis famosas de Galicia, sobre as que fala Rosalía en Cantares Gallegos. Recoméndase acudir á Carballeira de Santa Minia e ao seu santuario, e incluso chegar ás Torres de Altamira.

Xa en Padrón, chegamos a casa na que Rosalía pasou os derradeiros anos da súa vida e nela foi onde morreu o 15 de xullo de 1885. A Casa Museo de Rosalia, coñecida como Casa da Matanza, restaurouse en 1971 e a seu lado edificouse o Centro de Estudos Rosalianos. O seu xardín é un dos puntos da Ruta da Camelia de Galicia.

Desde a casa vaise cara o cemiterio de Adina e tamén ao Pazo de Arretén. A igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia (antiga Colexiata) e o seu cemiterio, son outros dos lugares de interese xusto antes de ir cara ao Panteón de Galegos Ilustres en Santiago. Este conxunto arquitectónico é de especial relevancia, posto que no Convento descansan hoxe os restos de Rosalía.

Tema marcado como favorito