Hemeroteca

Será 2016 o ano de Xela Arias?

A poeta e tradutora, que finou en 2003 aos 41 anos, chega, un ano máis, como candidata ao Día das Letras Galegas// Carvalho Calero e Manuel María tamén foron avalados polo plenario da RAG, que decidirá o 4 de xullo

  • 26 jun 2015 / 22:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Día das Letras Galegas de 2015 marcou un punto de inflexión na recepción dunha data histórica, instituída en 1963 para conmemorar o centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. O polígrafo pontevedrés, alcalde da cidade de Pontevedra durante o franquismo, Xosé Filgueira Valverde non suscitou nas aulas nin na industria editorial –os principais polos de actividade do 17 de maio– o entusiasmo que si xerou, entre os membros da Real Academia Galega (RAG), o cumprimento do que, na altura, consideraron o cumprimento dunha débeda histórica co autor do Adral, destacado estudoso da lírica medieval galego-portuguesa. A desconexión da institución de Tabernas coas demandas sociais non impediu a celebración arredor de Filgueira. Pero iso foi en 2015. O plenario da centenaria institución volverase reunir o vindeiro 4 de xullo para decidir que autora ou autor recibirá as homenaxes do vindeiro Día das Letras Galegas. Tres son os nomes que onte foron oficialmente avalados polos membros do plenario, e os tres repiten na quiniela de finalistas de 2015: a poeta e tradutora Xela Arias, o filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero e o poeta chairego Manuel María.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito