Hemeroteca

O Son completa a súa senda cun tramo entre A Gafa e Ornanda

Ambas praias comunicaranse cunha pasarela // Dos vinte e sete quilómetros de costa do municipio, un 80 % pódese percorrer polo litoral // A Consellería de Cultura e Turismo aprobou a subvención solicitada polo Concello

  • 29 abr 2019 / 22:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Consellería de Cultura e Turismo deu luz verde á subvención solicitada polo Concello de Porto do Son para a construción dunha pasarela que comunicará as praias da Gafa e Ornanda, ambas situadas na parroquia de Miñortos. Os traballos suporán un investimento de 63.559 euros, dos cales 41.313 procederán desta achega (que representa o 65 % do total) e, o resto, das arcas municipais. O prazo de execución remata o día trinta de outubro.

O goberno local pretende conectar as sendas existentes neste lugar, facilitando deste xeito o tránsito ao longo do tramo polo borde costeiro onde actualmente os usuarios, ante a imposibilidade de cruzalo, utilizan como alternativa a beiravía da estrada AC-550, polo que se evitará o perigo que comporta para os transeúntes.

Dadas as características da superficie, proponse realizar un primeiro tramo cunha senda de dous metros de ancho sobre o terreo existente, pegado aos muros de peche, "pavimentada con zahorra estabilizada para minimizar así labores de mantemento", explicou o alcalde sonense, Luis Oujo. Para a execución deste carreiro será necesario xerar unha pequena contención para conseguir unha zona plana. Na segunda parte do mesmo, onde se estreita o espazo transitable, "plantéxase a construción dunha pasarela de madeira de 48 metros cun trazado pegado aos muros e coa altura suficiente para que salve o dique", sinalou o rexedor.

O tramo obxecto desta actuación enmárcase na Rede de Sendas para o Percorrido de Litoral da Provincia da Coruña, elaborada en 2008 polo Ministerio de Medio Ambiente e a Dirección Xeral de Costas xunto á Universidade da Coruña. Con estes traballos, o executivo sonense pretende eliminar un dos catro puntos nos que os camiñantes da vía peonil se ven forzados a ir pola estrada.

"O municipio conta con 27 quilómetros de lonxitude e agora mesmo practicamente pódese percorrer á beira do mar o oitenta por cento do territorio", salientou o mandatario, quen avanzou que "queremos que sexa posible facelo ao cen por cen, polo que estamos deseñando os restantes tramos: ademais deste que se vai a executar, faranse outros en Caamaño, na praia de Boca do Río, á altura de Fonforrón, e en Coira", engadiu ó respecto.

Nesta última zona, en Portosín, farase unha pasarela de madeira "a través do obradoiro de emprego, coa que se poderá evitar o río e continuar polo camiño a través do cal é posible chegar ata a Aguieira", afirmou.

Cabe destacar entre os carreiros do concello o realizado entre Porto do Son e o castro de Baroña, pasando pola pasarela creada no núcleo da Arnela. Este converteuse nos últimos anos "nun reclamo turístico de gran relevancia", manifestou o mandatario local.

areadecompostela@elcorreogallego.es

{ BLANCO O NEGRO }

Sendero de parajes

EN LA ÚLTIMA DÉCADA se han creado muchos senderos por el litoral de Galicia, los cuales se han convertido en muchos casos en importantes recursos turísticos que son transitados durante todas las estaciones del año, tanto por los visitantes como por los propios lugareños. A veces, entre los objetivos de las mismas está la puesta en valor del patrimonio cultural. Concretamente, en el caso del Ayuntamiento de O Son, los caminos peatonales por la costa del municipio nos muestran las lagunas de Xuño y San Pedro o el emblemático castro de Baroña, su principal referente turístico. Además de disfrutar de impresionantes parajes... como As Furnas.

O PROTAGONISTA

Luis Oujo

Alcalde de Porto do Son

"recuperar o camiño de Fonforrón"

Dentro do proxectoglobal que supón esta senda litoral pola costa de Porto do Son, dende a parroquia de Boa ata a de San Pedro, existe un punto concreto no que o goberno local está estudando a recuperación dun viario polo que poder camiñar á beira do mar. "É un tramo de camiño real que pasa á altura de Fonforrón, entre a praia e a estrada pola que é posible facer agora este percorrido. Antigamente era un camiño que daba servizo ás leiras que se traballaban na zona. A dificultade neste caso está no mirador da Canteira, xa que cando se construíu a AC-550, parte dos cascallos vertéronse neste punto, sobre a senda", explicou o rexedor.

Tema marcado como favorito