Hemeroteca

Touro e Vedra xa están preparados para vivir o Domingo de Corredor

O Entroido arrancará en Bama co recorrido da parranda, aos que seguirán os xenerais

    • 14 feb 2020 / 20:50
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Touro. O Entroido no Concello de Touro comeza a súa andaina. A parroquia de Bama revive mañá o Domingo de Corredor, unha das celebracións que ten como protagonistas aos xenerais da Ulla, que a súa vez lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Completarase coa Antroidada dos xenerais da parroquia de Fao, prevista para o 25 de febreiro, martes de Carnaval, e co desfile na feira do día 5 de marzo en Fonte Díaz. Mañá o Domingo de Corredor arrancará ás 12.30 horas cun percorrido da parranda polas diferentes aldeas da parroquia durante a mañá. Seguiranlle os xenerais da Ulla e os correos, que sairán dende o café-bar Xesteira. Xa ás 16.30 horas os xenerais desfilarán a cabalo no campo da festa de Bama. A parranda cantará unhas coplas e posteriormente os protagonistas do Entroido volverán aparecer para desenvolver os famosos atranques.

    O Concello de Vedra arrancou xa o tradicional festexo o pasado 8 de febreiro, concretamente en Vilanova, no campo da Festa de Picón, onde tiveron lugar os famosos altos. O vindeiro día 29 terá lugar outro atranque en San Xián de Sales, ás 19.00 horas.

    Pero antes, este domingo tamén se organizará un desfile no centro social de Vedra, no que non faltarán as comparsas, as parrandas cantareiras e os disfraces individuais ou en parella. Os mellores recibirán premios económicos.

    Por certo que os xenearis estarán mañá tamén en Silleda, ás 18.00 horas en Lamela; en Teo, ás 19.30 en Reis; e en Santiago, ás 19.00 en Marrozos.

    Tema marcado como favorito