Hemeroteca

A UdC fai doutores honoris causa a Rivas e Rutherford

O escritor coruñés e o hispanista británico comparten a máxima distinción universitaria

    • 17 oct 2011 / 21:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A Mesa do Claustro da Universidade da Coruña (UdC) decidiu onte á mañá por unanimidade conceder o grao de Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña ao escritor Manuel Rivas e ao hispanista John Rutherford, dando así o visto e prace ás propostas aprobadas previamente na Facultade de Filoloxía.

    A Universidade considerou que Rivas "é o máis senlleiro escritor coruñés vivo e un dos máis polifacéticos e relevantes creadores en lingua galega como pon de relevo a súa extensa traxectoria como xornalista, narrador e poeta". Cunha dilatada traxectoria, tanto na poesía, como na narrativa e o xornalismo, colleitou con libros xa de referencia como Un millón de vacas, Que me queres, amor? En salvaxe compaña, O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal os principais galardóns da crítica galega, española e internacional. A súa última novela publicada, Todo é silencio está a ser levada ao cine polo realizador José Luis Cuerda.

    Más información en El Correo Gallego

    Tema marcado como favorito