Hemeroteca
elos de lectura

Último monográfico da Rede Temática ‘LIXMI’

Premios literarios e de ilustración da Literatura Infantil e Xuvenil na última contribución que publica Edicións Xerais

    • 22 jul 2013 / 19:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Nove volumes suma xa esta serie de monográficos que a Rede Temática As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano (LIXMI), coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou, se propuxo publicar anualmente desde o momento da súa creación, o pasado 2004. Desta vez, a temática elixida polos seus membros foi os Premios literarios e de ilustración da LIX, que vén de publicar Edicións Xerais.

    Estes exemplares adoitan vir precedidos dunha achega teórica sobre o tema en cuestión, que neste caso asina o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Tarrío Varela e que nos introduce de cheo no debate sobre o papel que os premios literarios desenvolven na sociedade de hoxe, constituindo un "elemento fundamental do mercado no que se converteu a literatura". 

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito