Hemeroteca

Un libro que pon luz ao mal sen cura da Costa da Morte

O xornalista Manuel Rey prepara unha obra que dará visibilidade á ataxia SCA36 // Recolle testemuños dos enfermos e os froitos da investigación, que aínda garda misterios // Hai preto de 150 persoas diagnosticadas nesta zona

  • 12 oct 2018 / 21:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O xornalista carballés Manuel Rey, galardoado o pasado ano co Premio Galicia de Xornalismo Científico por un artigo sobre a ataxia da Costa da Morte publicado en GCiencia, segue investigando e loitando para facer visible esta enfermidade neurodexenerativa e hereditaria que afecta a máis dun cento de veciños desta comarca atlántica.

Animado polo premio, decidíu dar un paso máis e escribir un libro que leva por título El mal sin cura de la Costa da Morte SCA36, que chegará ás librarías nuns meses, e que poderá ver a luz gracias a unha campaña de crowfunding que xa cumpríu o 100% do seu obxectivo, pero que manterá activa para seguir recabando apoios co fin de acadar unha maior tirada e fondos para a Asociación Galega de Ataxias, á que doará o 50% dos beneficios da publicación.

Manuel Rey recolle no seu libro os testemuños de persoas e familias afectadas por esta rara enfermidade, facéndose eco tamén das investigacións feitas ata o momento sobre as causas e a orixe desta ataxia. Unha afección que se fixo visible nos anos 90, cando o neurólogo compostelán Manuel Arias comezou a recibir na súa consulta a varios pacientes cuns síntomas que non coincidían con ningunha enfermidade coñecida ata o momento. Eran persoas maiores de 40 anos con problemas de equilibrio e audición e con dificultades para falar, pero que mantiñan intactas as súas capacidades cognitivas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito