Hemeroteca

Unha nova monografía sobre LIX

  • 30 nov 2019 / 21:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Poucas son as monografías que acollen traballos sobre a LIX galega, por iso é benvida Literatura Infantil y Juvenil y valores educativos, coordinada por Sandra Álvarez, Carmen Ferreira e Marta Neira. Divídese en seis apartados que acollen traballos que informan aos mediadores sobre clásicos da LIX, a perspectiva de xénero, valores, intelixencias múltiples, inclusión... Son de salientar aqueles que se achegan á LIX galega, como son os debidos a Carmen Ferreira, sobre a reescritura dos contos de transmisión oral no álbum infantil, e Mar Fernández, uns apuntamentos sobre a Segunda Guerra mundial na LIX galega; ademais de Lorena Fernández con "As temáticas en Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros". Tamén as guías que percorren obras de Fran Alonso e Xelís de Toro, de Fátima Alonso e Marta Fernández. Un conxunto de traballos de interese para saber máis sobre materias básicas para a formación literaria dos máis novos.

blanca.roig@usc.es

Tema marcado como favorito