Hemeroteca

Unha púa con Bluetooth para facer air guitar

AirJamz é un accesorio que pode sincronizarse co smartphone para simular que somos virtuosos de guitarras eléctricas invisibles.

  • 30 dic 2016 / 03:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Hai uns anos sorprendíanos un xoguete chamadoAir Guitar Rocker, que permitíanos simular que eramos estrelas de rock movendo unha púa de guitarra por diante dunha fibela de cinto conectada a un pequeno altofalante, e agora que os smartphones son uns dispositivos de uso masivo, este tipo de invento adáptase para empregarse en conxunto cos mesmos, e así temosAirJamz, unha púa de guitarra que pode enlazar cos noso teléfono por Bluetooth, para permitir gozar da práctica doair guitargrazas aunha aplicación dispoñible na App Storeeen Google Playna que podemos cargar máis dun cento de instrumentos e sons que poder tocar virtualmente con liberdade, contando tamén con máis de 25 cancións que poderemos interpretar en solitario ou con até 4 xogadores. A aplicación é completamente de balde, aínda que as cancións para a mesma véndense a 0,99 euros cada unha.
O AirJamz véndese en cor negra ou vermella, e aínda que o seu prezo oficial é de 49,99 dólares, nos EE.UU. está a rebaixarse 10 euros por mor do Nadal, aínda que de pedilo dende España o normal é que o prezo final supere os 50 euros, polo que sería un xoguete para os que gocen moito de simular saber tocar a guitarra eléctrica.

Tema marcado como favorito