Hemeroteca

Unha truncada viaxe de volta que remata na Costa do Solpor

A novela de ficción do autor vimiancés Xosé María Lema foi presentada onte na librería Couceiro de Santiago de Compostela, da man do académico Ferro Ruibal

  • 20 mar 2013 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O historiador vimiancés, lexicógrafo e doutor en Historia da Arte, Xosé María Lema Suárez, continúa percorrendo a xeografía galega coa presentación do seu último libro de aventuras de mar Costa do Solpor. O autor estivo onte na librería compostelana Couceiro acompañado polo académico Xesús Ferro Ruibal, quen se encargou de loubar esta novela de ficción, finalista do Premio Xerais 2011 e con moi boas críticas ata o momento.

"Xa fai quince anos que tiña a idea de facer esta novela", recoñeceu o autor, quen por motivos de adicacións non puido sacar ata agora. As súas colaboracións como lexicógrafo e o seu coñecemento en fraseoloxía enriquecen os textos, "obviamente son escritor monolingüe en galego e neste caso ata os diálogos están caracterizados coa fala das xentes da Costa do Solpor, por exemplo", ademáis de apelidos galeguizados, xente de portos.

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito