Hemeroteca

A USC, no posto 472 en produción científica

Figura entre as institucións mundiais con máis documentos entre 2007 e 2011

    • 03 sep 2013 / 22:08
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. O posto 472. Este é o lugar que ocupa a Universidade de Santiago de Compostela (USC) no SIR Global, unha listaxe de máis de 2.600 institucións investigadoras de todo o mundo que mide a súa produción científica entre 2007 e 2011. A clasificación encabézaa o Centre National da Recherche Scientifique, o equivalente francés do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Esta é á súa vez a primeira institución española, no oitavo posto mundial.

    A USC mellora en tres posicións a rexistrada na anterior actualización do informe SIR Global, elaborado polo SCImago Research Group, e consegue o posto 14 a nivel estatal. A Universidade de Vigo figura no 700 mundial e a Universidade da Coruña, no 1.153, segundo a consulta de 19.500 revistas con revisión por pares.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito