Hemeroteca

A USC organiza o primeiro simposio internacional sobre a prosa de Rosalía

Desenvolverase o 22 de outubro no Centro de Estudos Avanzados

    • 08 oct 2012 / 11:28
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

           
    Cando faltan poucos meses para que se cumpran os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o Grupo de Investigación Rosalía de Castro quere chamar a atención sobre os aspectos menos coñecidos e divulgados da obra da escritora galega. Con este obxectivo, o vindeiro 22 de outubro desenvolve o I Simposio Internacional sobre a obra de Rosalía de Castro ‘A Weapon in the Mud’ (‘Unha arma no barro’), un encontro científico dedicado á difusión e avance do coñecemento sobre a prosa da autora.
     
    O Simposio constitúe, asemade, unha actividade de intercambio científico entre o Grupo de Investigación Rosalía de Castro –que presentará publicamente os seus primeiros resultados- e destacados rosalianistas como o catedrático en estudos hispánicos e latinoamericanos na Universidade de Bristol, Andrew Ginger; a  catedrática en estudos hispánicos na Universidade de Nottingham, Catherine Davies; e  a catedrática en lingua e literaturas hispánicas en Stony Brook University, Lou Charnon-Deutsch.
     
    A inscrición é libre e gratuíta, e a actividade está orientada ao alumnado de titulacións sociais e humanísticas (especialmente o vinculado ás titulacións filolóxicas), ao persoal investigador interesado na obra de Rosalía de Castro e ao público en xeral.
     
    A xornada
    O simposio comezará no Centro de Estudos Avanzados coa presentación do catedrático Darío Villanueva. A continuación intervirán as investigadoras do mencionado grupo Margarita García Candeira, María López Sández, Manus O’Duibhir e María do Cebreiro Villar. A xornada continuará cunha conferencia de Catherine Davies titulada ‘Flavio y el mundo natural’.
     
    Xa pola tarde terá lugar o relatorio ‘Rosalía de Castro, bromista: estilo y época’ a cargo de Andrew Ginger, a quen lle seguirá Lou Charnon-Deutsh con ‘Emotional Competency and Reason: Castro’s Exploration of the Epistemic Shift Bounded’.
     
    A xornada rematará coa presentación, ás 19.30 horas, do monográfico da revista Grial ‘Novas olladas sobre Rosalía de Castro’.






    Tema marcado como favorito