Hemeroteca
elos de lectura

A vinganza sérvese en frío

A obra ‘Tes ata as 10’, de Francisco Castro, é unha trepidante novela que combina intriga, amor e lecturas clásicas xuvenís

    • 29 ene 2015 / 19:56
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Francisco Castro (Vigo, 1966) segue navegando na narrativa de fronteira entre o lectorado mozo e adulto desde que en 2003 se iniciara co relato histórico Memorial do infortunio (A Nosa Terra, 2003), ao que despois seguiron as problemáticas urbanas dos grupos de ideoloxía neonazi en Un bosque cheo de faias (Everest, 2004), a defensa ecoloxista en O ceo dos afogados (Xerais, 2007) e as aventuras e intrigas de O segredo de Marco Polo (Galaxia, 2010).

    Unha pluralidade de rexistros formais e temáticos que seguen a enriquecerse na súa última proposta, Tes ata as 10, novela que transcende a diluída fronteira entre os sistemas literarios infantil e adulto, facéndonos pensar que nesta sociedade que busca a eterna xuventude tamén a literatura (ou sexa, os editores) se está a alongar ata límites insospeitados na busca deste receptor.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    Tema marcado como favorito