Hemeroteca

Xa están en probas as Facebook Stories

A nova funcionalidade da aplicación móbil de Facebook é unha clara copia das historias de Snapchat, e que actualmente tamén explota Instagram.

  • 26 ene 2017 / 03:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dende Facebook non parecen conformes con limitar aclonar as funcionalidades de Snapchat dentro de Instagram, senón que agora tamén queren facer o mesmo coa propia aplicación móbil de Facebook, na queestarían a probar as Facebook Stories en Irlanda, de xeito que en poucas semanas poderiamos ver como en Facebook tamén podemos compartir imaxes e vídeos efémeros (e en formato vertical).
Na mesma liña que outras plataformas, a cámara do móbil permitirá a incorporación de máscaras para poder crear vídeos divertidos, e os contidos publicados como historia estarán visibles durante 24 horas, o que é un importante cambio para Facebook, onde até os directos de vídeo quedaban almacenados para a súa reprodución a posteriori, de xeito que estariamos ante os primeiros contidos de Facebook con data de caducidade.
A plataforma de Facebook Stories tamén conta con funcionalidades de mensaxería que estarían separadas do Messenger de Facebook.

Tema marcado como favorito