Hemeroteca

O Xacobeo e os 40 alíanse para traer pop español a Galicia

Melendi, MAcaco, Efecto Mariposa, El Sueño de Morfeo actuarán o vindeiro verán

  • 19 may 2010 / 17:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os grupos máis destacados do pop español actual actuarán en Galicia da man de Xacobeo 2010 e da cadena 40 Principales, dentro do programa '40 en XCB' (40 en Xacobeo). Efecto Mariposa, Macaco, Melendi e El Sueño de Morfeo son os cabezas de cartel deste programa, que chegará a catro cidades de Galicia este verán. Asemade, compartirán escenario con grupos e artistas galegos.
Os malagueños Efecto Mariposa serán o encargados de abrir o programa '40 en XCB' o vindeiro 18 de xuño en Lugo, onde actuarán na praza de Santa María, a partir das 21.30 horas. Irán precedidos no escenario polo cantautor coruñés Carlos Bau e a banda viguesa Ragdog.
Logo diso, o festival viaxará ata a súa próxima parada, na cidade de Ourense, onde Macaco ofrecerá un concerto o 22 de xuño nos xardíns do Posío xunto co grupo indie redondelán Bel¿p. O 16 de xullo, o asturiano Melendi chegará a Santiago de Compostela e actuará xunto coa banda viguesa Martynez. Pechará esta xira El Sueño de Morfeo e os galegos Dirty Socks en Pontevedra o 8 de agosto.
Esta iniciativa complétase coa emisión en directo desde Galicia do programa '`Anda ya!' o vindeiro 4 de xuño. A cita será en Vigo, no teatro Roberto Vidal Bolaño, no Centro Universitario de Vigo (CUVI) de 07.00 a 10.00 horas da mañá. '`Anda ya!' é o programa espertador líder das mañás na radio musical española, con case dous millóns de ouvintes diarios e conducido por Fran Blanco e Mar Montoro. Será a segunda vez que visiten Galicia, pois en marzo xa estiveron en A Coruña.
Non será o único programa de radio de difusión nacional que teña un escenario galego, pois o próximo 17 de xuño gravarase en Pontevedra o programa 'Atrévete!' de Cadena Dial. A cita será no Centro Social de Caixanova na cidade do Lérez de 19.00 a 22.00 horas. O programa, presentado por Javier Cárdenas e que nesta ocasión contará coa actuación de Pedro Martín, emitirase ao día seguinte de 07.00 a 10.00 horas.

 

Tema marcado como favorito