Hemeroteca

Xesús Fraga, gañador do IX Premio Raíña Lupa

O escritor súmase así ao palmarés que inaugurou Fernández Paz no ano 1998

    • 29 jul 2013 / 21:46
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Santiago. A obra Reo de Xesús Fraga gañou o IX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Raíña Lupa entregado pola Deputación da Coruña. Este recoñecemento ten coma obxectivo destacar as mellores obras deste tipo de literatura en galego e está dotado con 6.500 euros e a publicación do título premiado.

    O tribunal elixiu a obra de Fraga entre os trinta e catro traballos presentados por "escoller unha temática actual e unha linguaxe directa para rescatar valores". Ademais, o xurado valorou a forma na que o autor decidiu "falar da identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana". Tamén quixo destacar que a obra gañadora está de plena actualidade e considera que Reo contén interesantes reflexións sobre a realidades dos xoves "dos nosos días".

    <a href='http://quiosco.elcorreogallego.orbyt.es/' target='_blank'>Más información en El Correo Gallego y en Orbyt</a>

     

    Tema marcado como favorito