Hemeroteca

Xesús Rábade deita en ‘Sobre ruínas’ a súa lírica en rebeldía

O escritor publica en Alvarellos unha presada de poemas indóciles, alleos á resignación

  • 27 nov 2013 / 19:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Pouco de submisión e moito de combate para este tempo de derrotas hai nos versos do poemario Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes, que edita o selo Alvarellos e que esta tarde se vai presentar no Paraninfo da Universidade, ás 19.30 horas. Canda o autor estarán, na vella Facultade de Xeografía e Historia, o editor Henrique Alvarellos, as poetas Rosa Enríquez e Marica Campo, o vicerreitor da Universidade de Santiago, Francisco Durán e a música do pianista Abe Rábade.

Afirmaba W. G Sebald no seu libro Austerlitz, que "os edificios que crecen até o desmesurado proxectan xa a sombra da súa destrución e foron concibidos desde o principio con vistas á súa existencia ulterior como ruínas…". Un espellismo, o da nosa sociedade opulenta e desenvolvida, que ergueron, para logo devastalo, os poderes políticos e económicos. Xesus Rábade sáese da sombra, tamén do espellismo, para compilar aquí uns versos poderosos, que son a cifra máis clara da súa lírica en rebeldía.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

Tema marcado como favorito