Hemeroteca
HÉRCULES DE EDICIONES
Xoán Babarro presentará mañá en A Coruña O baúl de Domingos Quintas
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Xoán Babarro vén de publicar O baúl de Domingos Quintas (Hércules de Ediciones, 2017), unha fermosa historia autobiográfica coa que o autor rende homenaxe ao seu bisavó.
A historia comeza cando o narrador decide abrir o vello bául do bisavó e atopa unha morea de poemas escritos sobre cortizas de bidueiro. Cada páxina contén un deses poemas con cadansúa ilustración, obra de Estefanía Padullés. A presentación que terá lugar mañá ás 18.30 horas na libraría A Carapuchiña Feroz da Coruña contará coa presenza do autor; de María Prol Conde, licenciada en Filoloxía Románica con experiencia en edición eproxectos didácticos, e de Laura Rodríguez Herrera, editora do libro.
O libro aparece simultáneamente en castelán.
Tema marcado como favorito