Hemeroteca

Xornada de cultura urbana na praza Roxa este xoves

  • 09 oct 2013 / 18:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Con motivo da clausura das actividades de cultura urbana que se viñeron desenvolvendo no Concello de Santiago nestes seis meses, realizarase unha xornada final este xoves 10 de outubro, a partir das 15:00 horas. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitará estas actividades ás 18:00 horas.

Ao longo da xornada, dunhas seis horas, realizaranse diversos obradoiros e exhibicións relacionados coa cultura urbana, dirixidos a mozos e mozas principalmente. As actividades son de balde e non requiren inscrición previa.

Calendario de actividades:

- Exhibición de graffiti sobre un coche, a partir das 15:00 horas.

- Obradoiros de cultura urbana: turntablism (Dj), 17:00 horas; graffiti, 18:00 horas; beatbox, 19:00 horas.

- Exhibicións de cultura urbana a partir das 20:00 horas: breakdance, turntablism (Dj), beatbox, rap (García Mc) e capoeira.

Tema marcado como favorito