Hemeroteca

A Xunta dá o visto bo á posta en marcha do Centro de Ensinanzas Superiores de Música no vindeiro curso 2019/2020

O Diario Oficial de Galicia publicará nun prazo de 15 días o informe favorable emitido pola Consellería de Educación // Mañá abrirase a inscrición para realizar as probas de acceso ao centro, que terá arredor de 30 mestres e un máximo de 120 alumnos

  • 01 ago 2019 / 00:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga comezará a funcionar no mes de setembro nas dependencias do Auditorio Municipal. Será o terceiro de toda Galicia autorizado pola Xunta, dexpois dos da Coruña e Vigo. Así o anunciaron esta mañá o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna, que compareceron acompañados por María Jesús Rey, respresentante da empresa xestora (Galival Música), e Manuel Villar e Pere Molina, responsables técnicos do centro.

Para o alcalde é “un orgullo e unha satisfacción” que Valga vaia a situarse ao nivel das grandes cidades de Galicia no que a ensinanzas musicais e cultura se refire e fixo fincapé en que, “xa cando se construíu o Auditorio, se deixaron preparadas unhas instalacións que no seu día puideran acoller un centro destas características. Podería parecer unha tolería naquel momento, pero ese día chegou”. O rexedor explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nun prazo de quince días o informe favorable emitido pola Xunta de Galicia.

O expediente para poder en contar en Valga cun Centro de Ensinanzas Superiores de Música iniciouse no pasado mes de xaneiro, cando o pleno aprobou a constitución dunha Comisión Informativa Especial para estudar a súa viabilidade. En marzo aprobouse inicialmente a memoria técnica e, tras un período de exposición pública sen alegacións, en abril este documento quedou aprobado definitivamente. Dende entón, leváronse a cabo por parte do Concello unha serie de xestións ante departamentos como a Dirección Xeral de Educación e a Dirección Xeral de Centros, da Consellería de Educación, que culminaron nos últimos días coa emisión do informe favorable.

O centro ofertará na súa primeira etapa un máximo de 120 prazas e “beberá dos centros profesionais que ten na súa contorna, como os da Estrada, Vilagarcía, Cambados, Noia, Ribeira ou Pontevedra”, pero tamén se abrirá a alumnado “de toda Galicia, de España e do mundo”, explicaron Manuel Villar e Pere Molina. Mañá abrirase o período de inscrición –a través da páxina web www.csmgalicia.com–, que será gratuíta para as primeiras vinte persoas e en setembro realizaranse as probas de acceso.

Contará cunha trintena de profesores titulados e impartirá todas as especialidades musicais divididas en cinco departamentos: Pedagoxía, Dirección, Composición, Xestión de eventos, Musicoloxía e Interpretación. No caso da Dirección, actualmente esta titulación só se pode acadar no Conservatorio da Coruña, polo que o de Valga será o segundo de toda Galicia que a oferte. Tamén se impartirán Música Popular e Música Moderna.

Villar Touceda destacou que Valga “sempre apostou pola educación, a música e a cultura. Contamos xa con 23 anos de traballo neste ámbito, dende que se puxo en funcionamento a Escola Municipal de Música e iso permitiunos ter ao noso arredor grandes profesionais e contar con alumnado que pasou polos centros superiores de Cataluña, Madrid, Ginebra, Amsterdam… Estes grandes músicos levaron á nosa agrupación estrela, a Banda Municipal, a conquistar importantes premios” como o Certame Galego de Bandas de 2018. “Ter este Centro de Ensinanzas Superiores representa un novo éxito”, engadiu.

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música de Valga comezará a funcionar no mes de setembro nas dependencias do Auditorio Municipal. Será o terceiro de toda Galicia autorizado pola Xunta, dexpois dos da Coruña e Vigo. Así o anunciaron esta mañá o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna, que compareceron acompañados por María Jesús Rey, respresentante da empresa xestora (Galival Música), e Manuel Villar e Pere Molina, responsables técnicos do centro.

Para o alcalde é “un orgullo e unha satisfacción” que Valga vaia a situarse ao nivel das grandes cidades de Galicia no que a ensinanzas musicais e cultura se refire e fixo fincapé en que, “xa cando se construíu o Auditorio, se deixaron preparadas unhas instalacións que no seu día puideran acoller un centro destas características. Podería parecer unha tolería naquel momento, pero ese día chegou”. O rexedor explicou que o Diario Oficial de Galicia publicará nun prazo de quince días o informe favorable emitido pola Xunta de Galicia.

O expediente para poder en contar en Valga cun Centro de Ensinanzas Superiores de Música iniciouse no pasado mes de xaneiro, cando o pleno aprobou a constitución dunha Comisión Informativa Especial para estudar a súa viabilidade. En marzo aprobouse inicialmente a memoria técnica e, tras un período de exposición pública sen alegacións, en abril este documento quedou aprobado definitivamente. Dende entón, leváronse a cabo por parte do Concello unha serie de xestións ante departamentos como a Dirección Xeral de Educación e a Dirección Xeral de Centros, da Consellería de Educación, que culminaron nos últimos días coa emisión do informe favorable.

O centro ofertará na súa primeira etapa un máximo de 120 prazas e “beberá dos centros profesionais que ten na súa contorna, como os da Estrada, Vilagarcía, Cambados, Noia, Ribeira ou Pontevedra”, pero tamén se abrirá a alumnado “de toda Galicia, de España e do mundo”, explicaron Manuel Villar e Pere Molina. Mañá abrirase o período de inscrición –a través da páxina webwww.csmgalicia.com–, que será gratuíta para as primeiras vinte persoas e en setembro realizaranse as probas de acceso.

Contará cunha trintena de profesores titulados e impartirá todas as especialidades musicais divididas en cinco departamentos: Pedagoxía, Dirección, Composición, Xestión de eventos, Musicoloxía e Interpretación. No caso da Dirección, actualmente esta titulación só se pode acadar no Conservatorio da Coruña, polo que o de Valga será o segundo de toda Galicia que a oferte. Tamén se impartirán Música Popular e Música Moderna.

Villar Touceda destacou que Valga “sempre apostou pola educación, a música e a cultura. Contamos xa con 23 anos de traballo neste ámbito, dende que se puxo en funcionamento a Escola Municipal de Música e iso permitiunos ter ao noso arredor grandes profesionais e contar con alumnado que pasou polos centros superiores de Cataluña, Madrid, Ginebra, Amsterdam… Estes grandes músicos levaron á nosa agrupación estrela, a Banda Municipal, a conquistar importantes premios” como o Certame Galego de Bandas de 2018. “Ter este Centro de Ensinanzas Superiores representa un novo éxito”, engadiu.

Tema marcado como favorito