O Correo da Área de Compostela

A arte circense maila maxia protagonizarán o quinto Seráns de Tapia

  • 28 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ames. A quinta sesión dos Seráns de Tapia realizarase o xoves 29 de xullo. Nesta xornada, subirase ao escenario A gata Xaponesa: As viaxes de Bowa. Trátase dun espectáculo de circo e maxia dirixido a un público familiar. A actuación gañou o premio Feten2021 á mellor intérprete circense. Elena Vives, autora e intérprete, convértese en Bowa, unha viaxeira orfa de raíces e de soños que un día encontrou unha botella cunha mensaxe á beira do mar o que a impulsou a comezar a busca do seu destinatario. O camiño foi tan rico que se converteu case nunha obsesión. O espectáculo transita por diferentes estados emocionais da personaxe que se apoian nunha linguaxe circense multidisciplinar: efectos de maxia, acrobacia aérea, humor ou poesía. Deste xeito o Concello de Ames continúa a súa aposta por levar a cultura até os espazos naturais cos que conta o termo municipal. Así pois a quinta edición dos Seráns de Tapia, iniciativa que se celebra tódolos xoves dos meses de xullo e agosto, contará cun tipo de disciplina que aínda non fora incluída en ningunha das anteriores representacións. Por último cabe recalcar que todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa para poder asisitir aos eventos que se celebren. P. brea

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.