O Correo da Área de Compostela

A Aula da Natureza de Ames propón rutas guiadas de identificación e recollida de cogomelos

Haberá catro saídas, dúas en outubro e dúas en novembro // Hai 20 prazas dispoñibles, con preferencia para os empadroados no municipio

  • 12 oct 2020 / 11:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ames. Paseos de Cogomelos” é o título da actividade proposta pola Aula da Natureza á cidadanía de Ames para este outono. Trátase de dúas saídas guiadas no mes de outubro e dúas máis no mes de novembro que levarán ás/aos participantes a identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames.

A primeira saída realizarase o sábado 17 de outubro e terá como destino os piñeirais e carballeiras de Ortoño. O sábado 31 do mesmo mes, serán os bosques mixtos de Oca e Lens quen acollan os participantes na ruta-paseo dos cogomelos. No mes de novembro, o día 14 a proposta achegarase aos prados e montes de Biduído e o sábado 28 do mesmo mes percorrerá os camiños de Ameixenda.

En todos os casos, sairase ás 9:45 da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10 da praza do Concello de Bertamiráns. A saída durará ata as 14:00, hora na que os participantes se congregarán na praza do Concello.

As inscricións recolleranse no correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ata as 14:00 horas do xoves anterior a cada unha das actividades. Unha vez que a persoa se anote, no caso de non poder asistir á actividade, deberá comunicalo a Aula da Natureza como mínimo con 24 horas de antelación. De non facelo así perderá a prioridade para outras ocasións. Hai 20 prazas dispoñibles para cada unha das saídas das que terán preferencia as persoas empadroadas en Ames.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.