O Correo da Área de Compostela

A Baña repartirá máis de 3.000 € no seu Entroido

  • 11 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Baña. A Baña celebrará o entroido 2022 o 5 de marzo cun gran concurso de disfraces en San Vicenzo e que repartirá máis de 3.300 euros en premios entre os gañadores. Os interesados en participar teñen de prazo ata o 28 de febreiro para formalizar a inscrición, de xeito telemático na sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Xeral.

O desfile de disfraces iniciarase ás 16.30 horas e discorrerá pola rúa Rosalía de Castro, a Praza do Concello e a rúa Tedelle, cunha parada dun máximo de cinco minutos diante da casa consistorial para que os participantes poidan actuar e amosar as súas creacións.

Haberá seis categorías. As de carrozas (mínimo 10 persoas) e comparsas (tres) terán tres premios cada unha, valorados en 900€, 400€ e 150€ respectivamente. Tamén se poderá concursar como grupo, formado por entre 3 e 8 persoas, e neste caso haberá un único premio de 150 €, e de cen para o resto de categorías. M.O.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.