O Correo da Área de Compostela

A Deputación lembra que a Xunta parou os traballos na estrada de Rois

O organismo encargou un estudo para evitar que as obras causen danos as mámoas

    • 01 jun 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Rois. A Deputación da Coruña lembra que o proxecto de ampliación e mellora da estrada estrada DP-7402 de Martelo a Aguasantas, no termo municipal de Rois, foi paralizado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, xa que as obras plantexadas pola institución provincial para anchear o vial e mellorar algúns puntos do trazado poderían afectar un xacemento de mámoas existente entre os núcleos de Salgueiros e O Codeso.

    Así, lembran que a institución provincial non obtivo o necesario informe favorable de Patrimonio para poder executar as obras de ampliación desta estrada nos 2,5 quilómetros do tramo que discorre entre os PK 0+000 e 2+543, dotándoo dunha calzada de 7 metros de ancho con arcéns laterais de medio metro en cada marxe.

    Para intentar desbloquear o problema, o departamento de Vías e Obras da Deputación da Coruña xa encargou un informe técnico arqueolóxico que permita identificar e catalogar os elementos arqueolóxicos susceptibles de ser protexidos e poder redactar así un novo proxecto que se adapte aos requirimentos da Dirección Xeral Patrimonio da Xunta.

    O presidente provincial, Valentín González, afirmou no pleno do pasado venres que o goberno provincial “garante que se manterá o investimento previsto” (1,1 millóns) para ensanchar un vial “con carácter estratéxico”, xa que vertebra as comunicacións no suroeste da provincia, concretamente das comarcas de Noia e Padrón. arca

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.