O Correo da Área de Compostela

A festa dos maiores logra congregar a 470 persoas

  • 06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

AMES. O Concello de Ames recuperou a tradicional festa dos maiores, que se celebrou no pavillón municipal de Bertamiráns. A cita, á que asistiron arredor de 470 persoas, deu comezo ás 14.00 horas cun xantar. O menú estivo formado por varios entrantes: táboa de embutidos ibéricos, empanada e polbo. O prato principal foi carne ao caldeiro e a sobremesa, larpeira. Trala comida houbo moita diversión a cargo do cómico Isi. O humorista levou á festa dos maiores anécdotas reais contadas dun xeito esaxerado, próximo e distendido capaces de chegar a todos os públicos. A nota musical púxoa o dúo Eva e Camilo que amenizaron o festexo coa súa música de sempre. Ademais, trala comida fíxose un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sorteáronse varios vales de compras para gastar no comercio da vila.O xantar foi gratis e contouse cun servizo de autobús polas parroquias. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.