O Correo da Área de Compostela

A Maía estivo presente na Mostra de Alfombrismo de Nadal aberta na Estrada

  • 19 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Estrada. O Concello da Estrada e a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) apoiaron a celebración este sábado da I Mostra de Alfombrismo de Nadal en Galicia, que reuniu ós mellores deseños artísticos, incluindo á asociación amesá San Xoanciño, con María José Bello á fronte, cunha reproducción do Pazo de Oca.

Ademais desa entidade e da local, tamén traballaron nesta arte efímera outros representantes de Bueu, Burela, Cangas, Marín, Cerponzóns, Miño, Moaña, Perbes, Ponteareas ou Rianxo.

Así, nunca carpa sita na alameda foron elaborándose con materiais naturais reproduccións da caravana dos Reis Magos, do palco da música, a alameda local, o Portal de Belén ou o citado pazo, entre outras. Antes de inauguralos, chegaba o acto solemne no concello da Estrada, coas autoridades locais e o rexedor José López á fronte, así como a directora de Turismo, Nava Castro: o presidente da Federación Galega de Alfombristas, Manuel Alonso, ou o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, entre outros.

Antes de baixar dese acto consistorial, Nava Castro referiuse na súa intervención á relación estreita co mundo do alfombrismo, xa que naceu nunha das capitais desta arte, Ponteareas, e mesmo foi alcaldesa. M. Manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.