O Correo da Área de Compostela

A mocidade de Trouleando poderá probar co paintball

  • 15 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Maía. O programa Trouleando da concellaría de Mocidade de Ames volve en febreiro, cunha saída ao campo de paintball do Eo dos Menecos, en Teo. Será na tarde do sábado 26 de febreiro, das 16.00 ás 19.00 horas, con servizo de autobús dende Bertamiráns e o Milladoiro. Para inscribirse, cómpre enviar unha ficha de inscrición cumprimentada (ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal), entre o martes 15 e o venres 18 de febreiro.

Dende a OMIX recordan que as persoas que se inscriban nesta proposta deberán ir provistos dunha toalla, roupa cómoda e zapatillas que se poidan manchar. A organización tamén recomenda levar calzado e roupa de reposto, co fin de cambiar as prendas manchadas pola pintura. Na saída ao campo de paintball poderá participar a mocidade empadroada no Concello de Ames a partir dos 12 anos (é dicir, que teñan nacido dende o ano 2009), e precísanse mínimo quince asistentes. O.D.V.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.