O Correo da Área de Compostela

A veciñanza de Ceilán desfruta ca obra ‘As desterradas’ de Carme Varela

  • 28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Baña. O tempo acompañou, e o pasado domingo presentábase ao aire libre na Carballeira de Ceilán o libro As desterradas, volume editado pola Xunta e Xerais coa que a veciña Carme Varela gañou o Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

A convocatoria contou cunha nutrida asistencia veciñal, e no acto participou tamén o alcalde da Baña, Andrés García, e mesmo o expresidente de Feiraco, José Montes, e edís, entre outros.

As desterradas é unha peza histórica ambientada no enfrentamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos nos séculos XV e XVI, recrea o final do convento de Albeos e o desterro das súas monxas a Compostela.

Trátase dunha obra que recrea eses días finais no cenobio citado, dos que non chegou documentación, porque como dixera o Padre Colombás, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas. m. manteiga

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.